20 de julho de 2010

2010 Ano do Libro e da Lectura


2010: Ano da lectura from culturavideos on Vimeo.


Consciente do valor estratéxico do libro como instrumento para a expresión do dereito á creación, a promoción e a divulgación da cultura, da historia e da lingua de Galicia, a Xunta acordou declarar o ano 2010 como Ano do Libro e da Lectura e invita a todos os galegos a participar nos distintos actos que se están a realizar nesta celebración. 
O libro está nunha encrucillada. 
Novos soportes de lectura, cambios nos hábitos culturais, mercados globais ou a progresiva dimensión da cultura como ben de consumo debuxan un escenario de retos, pero tamén de oportunidades.
A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, é consciente do valor estratéxico do libro para a expresión do dereito á creación e para a promoción e divulgación da cultura. 
Por iso lle ofrece o seu apoio decidido é irrenunciable, dado que o libro constitúe un instrumento fundamental para a difusión da nosa cultura e a nosa lingua, do seu desenvolvemento e da súa presenza exterior.




Jan Kubelik plays "Zephyr" by Hubay